Noutro día, en Carrión

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Noutro día, en Carrión
por Pêro da Ponte


Noutro día, en Carrión,
querían un salmón vender,
e chegou i un infançón;
e, tanto que o foi veer,
creceu-lhi del tal coraçón,
que diss'a un seu hom'entón:
«Peixota quer'hoj'eu comer,

ca muit'ha ja que non comí
salmón, que sempre desejei;
mais, pois que o ach'ora aquí,
ja custa non recearei,
que hoj'eu non comia, de pran,
ben da peixota e do pan,
que muit'ha que ben non ceei.

Mais, pois aquí salmón achei,
querrei hoj'eu mui ben cẽar,
ca non sei u mi o acharei,
des que me for deste logar;
e, do salmón que ora vi,
ante que x'o leven d'alí,
vai-m'ũa peixota comprar.

Non quer'eu custa recear,
pois salmón fresco acho, Sinher;
mais quero ir ben del assũar
por enviar a mia molher
(que morre por el outrossí)
da balẽa que vej'aquí;
e, depois, quite quen poder!»