Nunca coitas de tantas guisas vi

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Nunca coitas de tantas guisas vi
por Joán Soares Coelho


Nunca coitas de tantas guisas vi
como me fazedes, senhor sofrer;
e non vos queredes de min doer
e, vel por Deus, doede-vos de mí!
     Ca, senhor, moir', e vedes que mi avén:
     se vos alguén mal quer, quero-lh'eu mal,
     e quero mal quantos vos queren ben.

E os meus olhos, con que vos eu vi,
mal quer', e Deus que me vos fez veer,
e a morte que me leixa viver,
e mal o mundo por quant'i nací.
     Ca, senhor, moir', e vedes que mi avén:
     se vos alguén mal quer, quero-lh'eu mal,
     e quero mal quantos vos queren ben.

A mia ventura quer'eu mui gran mal,
e quero mal ao meu coraçón,
e tod'aquesto, senhor, coitas son;
e quero mal Deus porque me non val.
     Ca, senhor, moir', e vedes que mi avén:
     se vos alguén mal quer, quero-lh'eu mal,
     e quero mal quantos vos queren ben.

E tenho que faço dereit'e sén
en querer mal quen vos quer mal e ben.