Oí hoj'eu ũa pastor cantar

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Oí hoj'eu ũa pastor cantar
por Airas Nunes


Cancioneiro da Biblioteca Nacional ou Cancioneiro Colocci-Brancuti: B 868 869 870.

 Oí hoj'eu ũa pastor cantar,
 du calvalgava per ũa ribeira,
 e a pastor estava senlheira,
 e ascondí-me po-la ascuitar
 e dizía mui ben este cantar:

 «So-lo ramo verd'e frolido
 vodas fazen a meu amigo.
 Choran olhos d'amor!».

 e a pastor parecía mui ben,
 e chorava e estava cantando;
 e eu mui passo fui-mi achegando
 po-la oír, e sol non falei ren;
 e dizía este cantar mui ben:

 «Ai estornhinho do avelanedo,
 cantades vós, e moir'eu e pen'
 e d'amores hei mal!».

 e eu oí-a sospirar entón
 e queixava-se estando con amores
 e fazía guirlanda de flores;
 des i chorava mui de coraçón
 e dizía este cantar entón:

 «Que coita hei tan grande de sofrer,
 amar amigu'e non ousar veer!
 e pousarei so-lo avelanal!».

 Pois que a guirlanda fez a pastor,
 foi-se cantando, indo-s'én manselinho;
 e tornei-m'eu logo a meu caminho,
 ca de a nojar non houve sabor;
 e dizía este cantar ben a pastor:

 «Pela ribeira do río
 cantando ía la virgo
 d'amor.

 Quen amores ha,
 como dormirá,
 ai bela frol?».