O meu amigo há de mal assaz

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
O meu amigo há de mal assaz
por Dom Dinis


O meu amigo há de mal assaz
tant', amiga, que muito mal per é
que no mal nom há mais, per bõa fé,
e tod'aquesto vedes que lh'o faz:
porque nom cuida de mi bem haver
viv'em coita, coitado por morrer.
   
Tanto mal sofre, se Deus mi perdom,
que já eu, amiga, d'el doo hei,
e, per quanto de sa fazenda sei,
tod'este mal é por esta razom:
porque nom cuida de mi bem haver
viv'em coita, coitado por morrer.
   
Morrerá desta, u nom pode haver al,
que toma em si tamanho pesar
que se nom pode de morte guardar;
e, amiga, vem-lhi tod'este mal
porque nom cuida de mi bem haver
viv'em coita, coitado por morrer.
   
Ca se cuidasse de mi bem haver,
ant'el querria viver ca morrer.