O mui fremoso parecer

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
O mui fremoso parecer
por Vasco Fernández Praga de Sandim


O mui fremoso parecer
que vós havedes, mia senhor,
esse faz hoj'a mi saber
qual coita Deus fezo maior
de quantas coitas quis fazer,
e faz-mi a toda padecer!
  
U vos eu nom posso veer,
mi a faz padecer, mia senhor;
mais sei-m'end'eu pouco doer,
pois, u vos vejo, tal sabor
hei que me fez escaecer
quanta coita soí prender.
  
E al vos ar quero dizer
que m'avém de vós, mia senhor:
bem cuido [eu] que já poder
nunc'haverei de vos, melhor
do que vos eu quero, querer.
Bem i mi o hei logo d'haver!
  
E ides-mi ora defender
que vos nom veja, mia senhor!
E se m'hoj'eu visse morrer,
nom me seria en peor
- ca mi queredes i tolher
quant'hoj'eu hei em que viver!