O que da guerra levou cavaleiros

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
O que da guerra levou cavaleiros
por Afonso X


O que da guerra levou cavaleiros
e a sa terra foi guardar cavalos,
     non ven al maio.

O que da guerra se foi con maldade
e a sa terra foi comprar herdade,
     non ven al maio.

O que da guerra se foi con nemiga,
pero non veo quand'é preitesía,
     non ven al maio.

O que tragía o pano de linho,
pero non veo polo San Martinho,
     non ven al maio.

O que tragía o pendón en quiço
e non ten de seu padre o viço,
     non ven al maio.

O que tragía o pendón sen oito
e a sa gente non dava pan coito,
     non ven al maio.

O que tragía o pendón sen sete
e cinta ancha e mui gran topete,
     non ven al maio.

O que tragía o pendón sen tenda,
per quant'agora sei de sa fazenda,
     non ven al maio.

O que se foi con medo dos martinhos
e a sa terra foi bever-los vinhos,
     non ven al maio.

O que, con medo, fugiu da fronteira,
pero tragía pendón sen caldeira,
     non ven al maio.

O que ar roubou os mouros malditos
e a sa terra foi roubar cabritos,
     non ven al maio.

O que da guerra se foi con espanto
e a sa terra ar foi armar manto,
     non ven al maio.

O que da guerra se foi con gran medo
contra sa terra, espargendo vedo,
     non ven al maio.

O que tragía pendón de cadarço,
macar non veo eno mes de março,
     non ven al maio.

O que da guerra foi per retraúdo,
macar en Burgos fez pintar escudo,
     non ven al maio.