O que soía, mia filha, morrer

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
O que soía, mia filha, morrer
por Joan Airas


O que soía, mia filha, morrer
por vós, dizen que ja non morr'assí
e moir'eu, filha, porque o oí;
mais, se o queredes veer morrer,
     dizede que morre por vós alguén
     e veredes home morrer por én.

O que morría, mia filha, por vós,
como nunca vi morrer por molher
home no mundo, ja morrer non quer;
mais, se queredes que moira por vós,
     dizede que morre por vós alguén
     e veredes home morrer por én.

O que morría, mia filha, d'amor
por vós non morre, nen quer i cuidar,
e moir'end'eu, mia filha, con pesar;
mais, se queredes que moira d'amor,
     dizede que morre por vós alguén
     e veredes home morrer por én.

Ca, se souber que por vós morr'alguén,
morrerá, filha, querendo-vos ben.