O voss'amig', amiga, vi andar

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
O voss'amig', amiga, vi andar
por Dom Dinis


O voss'amig', amiga, vi andar
tam coitado que nunca lhi vi par,
que adur[1] mi podia já falar,
pero quando me viu disse-m'assi:
« Ai, senhor, id'a mia senhor rogar
por Deus que haja mercee de mi.»
 
El andava trist'e mui sem sabor,
como quem é tam coitado d'amor
e perdudo o sem e a color,
pero quando me viu disse-m'assi:
« Ai, senhor, id'a mia senhor rogar
por Deus que haja mercee de mi.»

El, amiga, achei eu andar tal
como morto, ca é descomunal
o mal que sofr'e a coita mortal,
pero quando me viu disse-m'assi:
« Ai, senhor, id'a mia senhor rogar
por Deus que haja mercee de mi.»

Notas[editar]

  1. Adur: adv. apenas