Ora faz host'o senhor de Navarra

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Ora faz host'o senhor de Navarra
por Joán Soares de Pavia


Ora faz host'o senhor de Navarra,
pois en Proenç'ést'el-Rei d'Aragón;
non lh'han medo de pico nen de marra
Tarraçona, pero vezinhos son;
nen han medo de lhis poer boçón
e riir-s'han muit'Endurra e Darra;
mais, se Deus traj'o senhor de Monçón,
ben mi cuid'eu que a cunca lhis varra.

Se lh'o bon Rei varré-la escudela
que de Pamplona oístes nomear,
mal ficará aquest'outr'en Todela,
que al non ha a que olhos alçar:
ca verrá i o bon Rei sejornar
e destruír ata burgo d'Estela:
e veredes Navarros lazerar
e o senhor que os todos caudela.

Quand'el-Rei sal de Todela, estrẽa
ele sa host'e todo seu poder;
ben sofren i de trabalh'e de pẽa,
ca van a furt'e tornan-s'en correr;
guarda-s'el-Rei, come de bon saber,
que o non filhe luz en terra alhẽa,
e onde sal, i s'ar torn'a jazer
ao jantar ou senón aa cẽa.