Ora vej'eu bem, mia senhor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Ora vej'eu bem, mia senhor
por Dom Dinis


Ora vej'eu bem, mia senhor,
que mi nom tem nem unha prol
d'eno coraçom cuidar sol
de vós, senom que o peior
que mi vós poderdes fazer
faredes a vosso poder.
  
Ca nom atend'eu de vós al,
nem er passa per coraçom,
se Nostro Senhor mi perdom,
senom que aquel maior mal
que mi vós poderdes fazer
faredes a vosso poder.
 
E sol nom met'eu em cuidar
de nunca de vós haver bem,
ca sõo certo d'ũa rem:
que o mais mal e mais pesar
que mi vós poderdes fazer
faredes a vosso poder.
 
Ca Deus vos deu end'o poder
e o coraçom de mo fazer.