Ora vej'eu que fiz mui gran folía

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Ora vej'eu que fiz mui gran folía
por Pero Garcia Burgalês


Ora vej'eu que fiz mui gran folía
e que perdí alí todo meu sén,
     porque dixe ca quería gran ben
     Joan'ou Sancha, que dix', ou María,
ca por aquesto que eu dixe alí,
me soube log'ũa dona des i
daquestas tres, que por ela dizía.

E por quant'eu esto dixe, devía
mort'a prender, per bõa fe, por én,
     porque dixe ca quería gran ben
     Joan'ou Sancha, que dixe, ou María,
ca por aquesto que eu fui dizer,
mi houv'o gran ben que lhe quero a saber
esta dona que ante non sabía.

Ca non soubera que lhe ben quería
esta dona, senón por meu mal sén,
     porque dixe que quería gran ben
     Joan'ou Sancha, que dixe, ou María,
e des que soub'esta dona por mí
ca lhe quería ben, sempre des i
me quis gran mal, maior non podería,

Por mui gran ben que lhe quis toda vía,
des que a vi, que me soube por én,
     porque dixe ca quería gran ben
     Joan'ou Sancha, que dixe, ou María;
e des que houv'esta dona poder
do mui gran ben que lh'eu quero saber,
nunca mi ar quis veer aquel día.