Os que dizen que veen ben e mal

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Os que dizen que veen ben e mal
por Joan Airas


Os que dizen que veen ben e mal
enas aves e d'agoirar preit'han,
queren corvo seestro, quando van
algur entrar; e digo-lhis eu al:
que Iesu Cristo non me perdón,
se ant'eu non quería un capón
que uũ grande corvo carnaçal.

E o que diz que é mui sabedor
d'agoir'e d'aves, quand'algur quer ir,
quer corvo seestro sempr'ao partir;
e por én digu'eu a Nostro Senhor
que ele me dé, cada u chegar,
capón cevado pera meu jantar
e dé o corvo ao agoirador;

Ca eu sei ben as aves conhoscer
e con patela gorda máis me praz
que con bulhafre, voitre nen viaraz,
que me non pode ben nen mal fazer;
e o agoirador torpe, que diz
que máis val o corvo que a perdiz,
nunca o Deus leixe melhor escolher.