Par Deus, amigo, non sei eu que é

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Par Deus, amigo, non sei eu que é
por Joan Airas


Par Deus, amigo, non sei eu que é,
mais muit'ha ja que vos vejo partir
de trobar por mí e de me servir;
mais ũa destas é, per boa fe:
     ou é per mí, que vos non faço ben,
     ou é sinal de morte que vos ven.

Mui gran temp'ha, e tenho que é mal,
que vos non oí ja cantar fazer,
nen loar mí, nen meu bon parecer;
mais ũa destas é, u non i á al:
     ou é per mí que vos non faço ben,
     ou é sinal de morte que vos ven.

Ja m'eu do tempo acordar non sei
que vos oísse fazer un cantar,
como soiades, por me loar;
mais ũa destas é, que vos direi:
     ou é per mí que vos non faço ben,
     ou é sinal de morte que vos ven.

Se é per mí, que vos non faço ben,
dizede-mi-o, e ja-que farei én.