Par Deus, mia senhor, enquant'eu viver

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Par Deus, mia senhor, enquant'eu viver
por Vasco Fernández Praga de Sandim


Par Deus, mia senhor, enquant'eu viver
já vos eu sempre por Deus rogarei
que mi valhades; mais eu vos direi
log'al que vos nunca cuidei dizer:
       eu cuido que me nom possades
       valer já, macar vós queirades.
  
E seed'ora mui bem sabedor
que vós mi havedes metud'em atal
coita por vós que, macar vos gram mal
seja de mi, fremosa mia senhor,
       eu cuido que me nom possades
       valer já, macar vós queirades.
  
E mia senhor, direi-vos en com'é
o meu; e por Deus que vos nom pês en!
Vedes: macar m'hoj'eu por vosso bem
assi perço, senhor, per bõa fé,
       eu cuido que me nom possades
       valer já, macar vós queirades.
  
E macar vos eu mui de coraçom
amo, senhor, muit'a vosso pesar,
e vos venho cada dia rogar
que me valhades, se Deus mi perdom,
       eu cuido que me nom possades
       valer já, macar vós queirades.