Par Deus, senhor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Par Deus, senhor
por Afonso X


Par Deus, senhor,
enquant'eu for
de vós tan alongado,
nunca en maior
coita d'amor,
nen atán coitado
foi eno mundo
por sa senhor
homen que fosse nado,
     penado, penado.

Sen nulha ren, sen vosso ben,
que tant'hei desejado
que ja o sén
perdí por én,
e viv'atormentado,
sen vosso ben,
de morrer én
ced'é mui guisado,
     penado, penado.

Ca, log'alí
u vos eu vi,
fui d'amor aficado
tan muit'en mí
que non dormí,
nen houve gasalhado
e, se m'este mal
durar assí,
eu nunca fosse nado,
     penado, penado.