Par Deus, senhor, sei eu mui bem

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Par Deus, senhor, sei eu mui bem
por Vasco Fernández Praga de Sandim


Par Deus, senhor, sei eu mui bem
ca vos faço mui gram pesar
de que vos sei tam muit'amar.
Mais se o sei, nom ar sei rem
       per que end'al possa fazer
       enquant'eu no mundo viver.
  
E pesa-vos porque nom hei
eu poder no meu coraçom
d'amar, mia senhor, se vós nom.
Mais pero vos pesa, nom sei
       per que end'al possa fazer
       enquant'eu no mundo viver.
  
[E] porque vos quer'eu melhor
doutra rem, viv'em grand'afã;
e sei que vos faço, de pram,
pesar; pero nom sei, senhor,
       por que end'al possa fazer
       enquant'eu no mundo viver.
  
E, mia senhor, se vos prouguer,
bem me devedes a parcir
bem que vos quer', e consentir,
pois que mi Deus guisar nom quer
       por que end'al possa fazer
       enquant'eu no mundo viver.