Per bõa fe, meu coraçón

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Per bõa fe, meu coraçón
por Vasco Fernández Praga de Sandim


Per bõa fe, meu coraçón,
mal me per fostes conselhar
aquel dia'n que vós filhar
me fezestes esta senhor;
ca cedo mi per fez saber,
quejandas noites faz haver
Amor, a quen el preso ten!

E, mao meu pecado, non
foi nunca soo en pensar
que s'ela quisesse pagar
de saber eu, qual ben Amor
ao seu preso faz prender,
quando se dele sol doer,
ca nunca lhe per al faz ben!

Mais pero non hei eu razón
de me por én a vós queixar,
mais a min que mi a for buscar.
E alguén foi ja de melhor
sén que eu i soubi seer;
ca, de pran, mi a cuidei veer
e non lazerar pois por én!

E se eu non houvess'entón,
non fora tal, cuido, cuidar;
e quen hoje vir falar
e parecer, se homen for
que sén haja, ha d'entender
ca non devía eu fazer
o que alí cuidei, per ren.