Pero da Pont'ha feito gran pecado

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Pero da Pont'ha feito gran pecado
por Afonso X


Pero da Pont'ha feito gran pecado
de seus cantares, que el foi furtar
a Cotón, que, quanto el lazerado
houve gran tempo, el x'os quer lograr,
e doutros muitos que non sei contar,
por que hoj'anda vistido e honrado.

E por én foi Cotón mal día nado,
pois Pero da Ponte herda seu trobar;
e mui máis lhi valera que trobado
nunca houvess'el, assí Deus m'ampar,
pois que se de quant'el foi lazerar
serve Don Pedro e non lhi dá én grado.

E con dereito seer enforcado
deve Don Pedro, porque foi filhar
a Cotón, pois-lo houve soterrado,
seus cantares, e non quis ende dar
ũu soldo pera sa alma quitar
sequer do que lhi havía emprestado.

E por end'é gran traedor provado,
de que se ja nunca pode salvar,
come quen a seu amigo jurado,
bevendo con ele, o foi matar:
todo polos cantares del levar,
con os quaes hoj'anda arrufado.

E pois non ha quen no por én retar
queira, seerá oimais por min retado.