Pero da Ponte, par'o vosso mal

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Pero da Ponte, par'o vosso mal
por Afonso X


Pero da Ponte, par'o vosso mal
per ante o Demo do fogo infernal,
porque con Deus, o padr'espirital,
minguar quisestes, mal per descreestes.
     e ben vej'ora que trobar vos fal,
     pois vós tan louca razón cometestes.

E pois razon atán descomunal
fostes filhar, e que tan pouco val,
pesar-mi-á én, se vos pois a ben sal
ante o Diaboo, a que obedecestes.
     e ben vej'ora que trobar vos fal,
     pois vós tan louca razón cometestes.

Vós non trobades come proençal,
mais come Bernardo de Bonaval;
por ende non é trobar natural,
pois que o del e do Dem'aprendestes.
     e ben vej'ora que trobar vos fal,
     pois vós tan louca razón cometestes.

E por én, Don Pedr'en Vila Real,
en mao ponto vós tanto bevestes.