Pero eu vejo aquí trobadores

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Pero eu vejo aquí trobadores
Anônimo, possivelmente Trovador de Santarém


Pero eu vejo aquí trobadores,
senhor e lume destes olhos meus,
que troban d'amor por sas senhores
non vej'eu aquí trobador, par Deus,
     que m'hoj'entenda o por que digo
     al é Alfanx'e al Seserigo.

Senhor, fremosa máis de quantas son
en Santarén, e que máis desejo,
dizer-vos quero, se Deus me perdón:
non vej'eu home de quantos vejo
     que m'hoj'entenda o por que digo
     al é Alfanx'e al Seserigo.

Amo-vos tant'e tan de coraçón
que o dormir ja o hei perdudo,
senhor de mí e do meu coraçón;
non vej'eu home tan entendudo
     que m'hoj'entenda o por que digo
     al é Alfanx'e al Seserigo.