Pois nací nunca vi Amor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Pois nací nunca vi Amor
por Nuno Fernández


Pois nací nunca vi Amor,
e ouço del sempre falar.
Pero sei que me quer matar,
mais rogarei a mia senhor
     que me mostr'aquel matador,
     ou que m'ampare del melhor.

Pero nunca lh'eu fige ren
por que m'el haja de matar;
mais quer'eu mia senhor rogar,
polo gran med'en que me ten,
     que me mostr'aquel matador,
     ou que m'ampare del melhor.

Nunca me lh'eu ampararei,
se m'ela del non amparar;
mais quer'eu mia senhor rogar,
polo gran medo que del hei,
     que mi amostr'aquel matador,
     ou que mi ampare del melhor.

E pois Amor ha sobre mí
de me matar tan gran poder,
e eu non o posso veer,
rogarei mia senhor assí
     que mi amostr'aquel matador,
     ou que mi ampare del melhor.