Pois que vos Deus fez, mia senhor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Pois que vos Deus fez, mia senhor
por Dom Dinis


Pois que vos Deus fez, mia senhor,
fazer do ben sempr'o melhor,
e vós én fez tan sabedor,
ũa verdade vos direi,
se mi valha Nostro Senhor:
     erades bõa pera rei.

E pois sabedes entender
sempr'o melhor e escolher,
verdade vos quero dizer,
senhor, que servi'e servirei:
pois vos Deus atal foi fazer,
     erades bõa pera rei.

E pois vos Deus nunca fez par
de bon sén nen de ben falar,
nen fará ja, a meu cuidar,
mia senhor, por quanto ben hei,
se o Deus quisesse guisar,
     erades bõa pera rei.