Pois vos ides daqui, ai meu amigo

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Pois vos ides daqui, ai meu amigo
por Pêro da Ponte


Pois vos ides daqui, ai meu amigo,
conselhar vos eu ben, se mi creverdes:
tornade vos mais cedo que poderdes
e guisarei como falades migo,
e pois, amigo, comigo falardes
atal mi venha qual mi vós orades!

Non mi tardedes com'outra vegada
mi tardastes, (ca) muit'eu én gran medo,
mais punhade de vos viirdes cedo,
ca nossa fala muit'é ben parada;
e pois, amigo, comigo falardes
atal mi venha qual mi vós orades!

E, se vós queredes meu gasalhado,
venha vos en mente o que vos rogo:
pois vos ides, de vos viirdes logo;
e falarei con vosco mui de grado,
e pois, amigo, comigo falardes
atal mi venha qual mi vós orades!