Por Deus, amiga, que pode seer

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Por Deus, amiga, que pode seer
por Galisteu Fernandes


-Por Deus, amiga, que pode seer
de voss'amigo que morre d'amor
e de morrer ha ja mui gran sabor,
pois que non pode vosso ben haver?
-Non o haverá, enquant'eu viver,
     ca ja lhi diss'eu que se partiss'én
     e, se ha coita, que a sofra ben.

-Tenh'eu, amiga, que prol non vos ha
de voss'amigo ja morrer assí,
ante tenho que o perdedes i,
se per ventura vosso ben non ha.
-Par Deus, amiga, non o haverá,
     ca ja lhi diss'eu que se partiss'én
     e, se ha coita, que a sofra ben.

-Ben sodes desmesurada molher,
se voss'amor non pod'haver de pran
e ben sei que por mal vo-lo terrán,
amiga, se vosso ben non houver.
-Nunca o haverá, se Deus quiser,
     ca ja lhi diss'eu que se partiss'én
     e, se ha coita, que a sofra ben.

-Par Deus, amiga, mui guisado ten
de sofrer coit'e quer morrer por én.
-Se morrer, moira, ca non dou eu ren
d'assí morrer, ante mi praz muit'én.
-Por ess', amiga, venha mal a quen
vos amar, pois tal preito per vós ven.