Por Deus, senhor, e ora que farei

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Por Deus, senhor, e ora que farei
por Vasco Fernández Praga de Sandim


Por Deus, senhor, e ora que farei,
pois que me vós nom leixades viver
u vos eu possa, mia senhor, veer?
Mais, pero vos pregunt', eu ben'o sei:
per bõa fé, morrer com pesar en!
Ca hoje perço por vós quanto bem
mi Deus deste mundo quisera dar.
  
E pois vos eu mais a ve[e]r nom hei,
quant'eu mais cedo podesse morrer,
tanto m'a mi mais devi'aprazer!
Mais prazer é que eu nunca verei,
ca por mia morte sei [eu] que alguém,
senhor fremosa, querrá vosso bem
e vossa mesura meospreçar.
  
E vedes, gram verdade vos direi:
se vós a mim fezéssedes perder
quanto bem Deus no mundo quis fazer
- que já eu nunca por vós perderei -
por tod'esto nom daria eu rem,
se visse vós. Ca mal veess'a quem
se doutra cousa podesse nembrar!
  
E d'ũa cousa vos preguntarei:
por Deus, per que[m] podestes vós saber
aqueste bem que vos eu sei querer?
Ca, mia senhor, sempre vo-lo eu neguei,
por me guardar desto que m'hoj'avém.
Mais nom quis [Deus nem vós] que m'eu por en
daquesta perda podesse guardar.