Por mui coitado per tenh'eu

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Por mui coitado per tenh'eu
por Pero Garcia Burgalês


Por mui coitado per tenh'eu
quem vai querer bem tal molher
que seu serviço nom lhe quer
per nulha guisa gradecer.
E, mal pecad'!, assi viv'eu,
coitad'! E que demo mi deu
coita pola nunca perder?
  
Nom por al, senom polo seu
bom parecer, da mia senhor,
que nunca home viu melhor,
nem tal; se Deus me leix'haver
dela bem e me mostr'o seu
bom parecer, que lhe Deus deu
por já sempr'a mim mal fazer!
  
Ca Deu'la fez, por mal de mim,
mais fremosa de quantas som
no mundo, si Deus me perdom!
E vedes que mi ar fez por en:
fez-mi-a veer por mal de mim,
ca nom por al; ca, poila vi,
nunca m'ar paguei doutra rem
  
senom dela, de que assi
estou como vos eu direi:
que todo quant'haver cuidei
dela, poila vi, hei-o en.
Vedes por que o dig'assi:
cuidei dela, des que a vi,
haver gram coita sem seu bem.
  
Ca nunca dela cuidei al
haver, par Deus que pod'e val,
erg'esta coita que me vem!