Punhei eu muit'en me quitar

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Punhei eu muit'en me quitar
por Fernão Garcia de Sousa (Esgaravunha)


Punhei eu muit'en me quitar
de vós, fremosa mia senhor,
e non quis Deus, nen voss'amor;
e poi-lo non pudi acabar,
     dizer-vos quer'eu ũa ren,
     senhor que sempre ben quige:
     «ar sachaz veroyamen
     que ie soy votr'ome lige.»

De querer ben outra molher
punhei eu, ha i gran sazón,
e non quis o meu coraçón;
e pois que el nen Deus non quer,
     dizer-vos quer'eu ũa ren,
     senhor que sempre ben quige:
     «ar sachaz veroyamen
     que ie soy votr'ome lige.»

E mia senhor, per bõa fe,
punhei eu muito de fazer
o que a vós foron dizer,
e non pud'; e, pois assí é,
     dizer-vos quer'eu ũa ren,
     senhor que sempre ben quige:
     «ar sachaz veroyamen
     que ie soy votr'ome lige.»