Quan muit'eu am'ũa molher

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Quan muit'eu am'ũa molher
por Fernão Garcia de Sousa (Esgaravunha)


Quan muit'eu am'ũa molher
non o sabe Nostro Senhor;
nen ar sabe quan gran pavor
hei hoj'eu dela, cuido-m'eu;
ca, se o soubesse, sei eu
ca se doería de mí,
e non me faría assí
querer ben a que me mal quer.

Pero que dizen que negar
non xe lhe pode nulha ren
que el non sabia, sei eu ben
que aínd'el non sabe qual
ben lh'eu quero, nen sab'o mal
que m'ela por si faz haver;
ca se o soubesse, doer-
-s'-ía de mí, a meu coidar.

Ca Deus de tal coraçón é
que, tanto que sabe que ten
eno seu mui gran coita alguén,
que logo lh'i conselho pon.
E por esto sei eu que non
sab'el a coita que eu hei;
nen eu nunca o creerei
por aquesto, per bõa fe.