Quando vos eu, meu amig'e meu bem

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Quando vos eu, meu amig'e meu bem
por Vasco Fernández Praga de Sandim


Quando vos eu, meu amig'e meu bem,
nom posso veer, vedes que mi avém:
       tenh'olh'e vej'e nom posso veer,
       meu amig', o que mi possa prazer.
  
Quando vos eu com estes olhos meus
nom posso veer, se mi valha Deus,
       tenh'olh'e vej'e nom posso veer,
       meu amig', o que mi possa prazer.
  
E nom dorm'eu, nem en preito nom é,
u vos eu nom vejo, e, per bõa fé,
       tenh'olh'e vej'e nom posso veer,
       meu amig', o que mi possa prazer.
  
E os meus olhos sem vós que prol mi ham
pois nom dorm'eu com eles? E de pram
       tenh'olh'e vej'e nom posso veer,
       meu amig', o que mi possa prazer.