Quant'há, senhor, que m'eu de vós parti

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Quant'há, senhor, que m'eu de vós parti
por Dom Dinis


Quant'há, senhor, que m'eu de vós parti,
a tam muit'há que nunca vi prazer
nem pesar, e quero-vos eu dizer
como prazer nem pesar nom er (vi):
perdi o sem e nom poss'estremar
o bem do mal nem prazer do pesar.
  
E des que m'eu, senhor, per bõa fé,
de vós parti, creed'agora bem
que nom vi prazer nem pesar de rem,
e aquesto direi-vos porque (é):
perdi o sem e nom poss'estremar
o bem do mal nem prazer do pesar.
   
Ca, mia senhor, bem des aquela vez
que m'eu de vós parti, no coraçom
nunca ar houv'eu pesar des entom
nem prazer, e direi-vos que mo fez:
perdi o sem e nom poss'estremar
o bem do mal nem prazer do pesar.