Quantos aquí d'Espanha son

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Quantos aquí d'Espanha son
por Paio Soares de Taveirós


Quantos aquí d'Espanha son,
todos perderon o dormir
con gran sabor que han de s'ir;
mais eu nunca sono perdí,
des quando d'Espanha saí;
ca mi o perdera ja entón.

E eles, si Deus me perdón,
desejan sas terras assí
que non dormiron muit'aí.
Mais pois i foren, dormirán,
ca non desejan al, nen han
outra coita se esta non.

E estou end'eu mui peor,
que coid'i a perder o sén,
desejando sempr'aquel ben
do mundo máis grave d'haver,
como desejar ben fazer
da mui fremosa mia senhor.

E, de pran, est'ést'o maior
ben que hoj'eu posso saber;
e Deus que mi a fez ben querer,
se m'este ben quisesse dar,
non me cuidaría cambiar
por rei nen por emperador!