Quantos han gran coita d'amor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Quantos han gran coita d'amor
por João Garcia de Guilhade


Quantos han gran coita d'amor
eno mundo, qual hoj'eu hei,
querrían morrer, eu o sei,
e haverían én sabor.
Mais mentr'eu vos vir, mia senhor,
     sempre m'eu querría viver,
     e atender e atender!

Pero ja non posso guarir,
ca ja cegan os olhos meus
por vós, e non me val i Deus
nen vós; mais por vós non mentir,
enquant'eu vós, mia senhor, vir,
     sempre m'eu querría viver,
     e atender e atender!

E tenho que fazen mal sén
quantos d'amor coitados son
de querer sa morte se non
houveron nunca d'amor ben,
com'eu faç'. E, senhor, por én
     sempre m'eu querría viver,
     e atender e atender!