Que coita houvestes, madr'e senhor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Que coita houvestes, madr'e senhor
por Dom Dinis


Que coita houvestes, madr'e senhor,
de me guardar, que nom possa veer
meu amigu'e meu bem e meu prazer!
Mais, se eu posso, par Nostro Senhor,
que o veja e lhi possa falar,
guisar-lhe-ei e pês a quem pesar.
   
Vós fezestes todo vosso poder,
madre e senhor, de me guardar que nom
visse meu amigu'e meu coraçom!
Mais, se eu posso, a todo meu poder,
que o veja e lhi possa falar,
guisar-lhe-ei e pês a quem pesar.
   
Mia morte quisestes, madr', e nom al
quand'aguisastes que per nulha rem
eu nom viss'o meu amigu'e meu bem!
Mais, se eu posso, u nom pod'haver al,
que o veja e lhi possa falar,
guisar-lhe-ei e pês a quem pesar.
   
E se eu, madr', esto poss'acabar
o al passe como poder passar.