Que grave coita, senhor, é

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Que grave coita, senhor, é
por Dom Dinis


Que grave coita, senhor, é
a quen ha sempr'a desejar
o vosso ben, que non ha par,
com'eu fac'; e per bõa fe,
     se eu a Deus mal merecí,
     ben se vinga per vós en mí.

Tal coita mi dá voss'amor
e faz-me levar tanto mal,
que esto m'é coita mortal
de sofrer; e por én, senhor,
     se eu a Deus mal merecí,
     ben se vinga per vós en mí.

Tal coita sofr', ha gran sazón,
e tanto mal e tant'afán
que par de morte m'é de pran;
e senhor, por esta razón,
     se eu a Deus mal merecí,
     ben se vinga por vós en mí.

E quer-se Deus vingar assí,
como lhi praz, per vós en mí.