Que grave coita que me é dizer

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Que grave coita que me é dizer
por Martim Moxa


Que grave coita que me é dizer
as graves coitas que sofr'en cantar!
Vejo mia morte que mi ha de matar
en vós, e non vos ous'én ren dizer;
pero hei dizer-lo, cantando e en son,
que me semelha cousa sen razón
d'homen, con coita de morte, cantar.

E, pois mia coita per tal guisa é
que a non posso per ren encobrir,
en atal terra cuido eu de guarir
que ben entendan meu mal, a la fe,
e a tal gente cuid'eu de cantar
e dizer son, u con ela falar,
que ben entenda o meu mal onde é.