Que mui gram prazer que eu hei, senhor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Que mui gram prazer que eu hei, senhor
por Dom Dinis


Que mui gram prazer que eu hei, senhor,
quand'em vós cuid', e nom cuid' eno mal
que mi fazedes!, mais direi-vos qual
tenh'eu por gram maravilha, senhor,
de mi viir de vós mal, u Deus nom
pôs mal de quantas eno mundo som.
 
E, senhor fremosa, quando cuid'eu
em vós e nom eno mal que mi vem
por vós, tod'aquel temp'eu hei de bem,
mais por gram maravilha per tenh'eu
de mi viir de vós mal, u Deus nom
pôs mal de quantas eno mundo som.
 
Ca, senhor, mui gram prazer mi per é
quand'em vós cuid', e nom hei de cuidar
em quanto mal mi fazedes levar;
mais gram maravilha tenh'eu que é
de mi viir de vós mal, u Deus nom
pôs mal de quantas eno mundo som.
 
Ca, par Deus, semelha mui sem razom
d'haver eu mal d'u o Deus nom pôs, nom.