Que prol vos ha vós, mia senhor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Que prol vos ha vós, mia senhor
por Nuno Fernández


Que prol vos ha vós, mia senhor,
de me tan muito mal fazer,
pois eu non sei al ben querer
no mundo, nen hei d'al sabor,
     dizede-me, que prol vos ha?

E que prol vos ha, de fazer
tan muito mal a quen voss'é?
Non vos ha prol, per bõa fe.
E mia senhor, se eu morrer,
     dizede-me, que prol vos ha?

Que prol vos ha de eu estar
sempre por vós en grand'afán?
E est'é mui grande, de pran;
e pois mi o voss'amor matar,
     dizede-me, que prol vos ha?

E vós, lume dos olhos meus,
oír-vos-edes maldizer
por min, se eu por vós morrer.
E senhor, por l'amor de Deus,
     dizede-me, que prol vos ha?