Que sem conselho que vós, mia senhor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Que sem conselho que vós, mia senhor
por Vasco Fernández Praga de Sandim


Que sem conselho que vós, mia senhor,
m'en'este mundo fazedes viver!
E nom atend'eu, mao pecado!,
de nunca i mais de conselh'haver;
ca me nom sei, senhor, sem vosso bem,
nẽum conselh', e viv'assi por en
sem conselho e del desasperado.
  
E ora, por Deus, que vos fez melhor
falar e mais fremoso parecer
doutra dona, e mui mais loado
o vosso prez pelo mundo seer,
pois a mi contra vós mester nom tem
nulha cousa, dizede-me ũa rem:
que farei eu, desaconselhado?
  
E já m'end'eu bem sõo sabedor,
macar mi o vós nom queirades dizer:
morrer cativo, desamparado!
E mia senhor, nom vos dev'aprazer,
ca, pois eu morrer, logo dirá 'lguém,
senhor fremosa, por quê e por quem
eu fui assi aa mort'achegado.
  
E já, entanto com'eu vivo for,
per bõa fé, bem me dev'a teer
por home mui desaventurado,
senhor, porque me vos Deus fez veer,
- e nom por esto que me por vós vem,
mais porque vejo que é vosso sem
pôr meu preito mal embaratado.