Queixos'andades, amigo, d'Amor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Queixos'andades, amigo, d'Amor
por Joan Airas


Queixos'andades, amigo, d'Amor
e de mí, que vos non posso fazer
ben, ca non hei, sen meu dan' én poder;
e por én guise-mi-o Nostro Senhor
     que vos faça eu ben en guisa tal
     que seja vosso ben e non meu mal.

Queixades-vos que sempre fostes meu
amigu', e vos leixo por mí morrer,
mais dizede-mi como vos valer
possa, sen meu dan', e guisá-lo eu,
     que vos faça eu ben en guisa tal
     que seja vosso ben e non meu mal.

Sõo guardada como outra molher
non foi, amigo, nen ha de seer,
ca vos non ous'a falar, nen veer,
e por én guise-mi-o Deus, se quiser,
     que vos faça eu ben en guisa tal
     que seja vosso ben e non meu mal.