Quer'eu, amigas, o mundo loar

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Quer'eu, amigas, o mundo loar
por João Garcia de Guilhade


Quer'eu, amigas, o mundo loar
por quanto ben mi Nostro Senhor fez:
fez-me fremosa e de mui bon prez,
ar faz-mi meu amigo muit'amar:
     aqueste mundo x'ést'a melhor ren
     das que Deus fez a quen el i faz ben.

O paraíso bõo x'é, de pran,
ca o fez Deus, e non digu'eu de non,
mai-los amigos, que no mundo son,
e amigas muit'ambos lezer han:
     aqueste mundo x'ést'a melhor ren
     das que Deus fez a quen el i faz ben.

Querría-m'eu o paraís'haver,
des que morresse, ben come quen quer,
mais, poi-la dona seu amig'oer
e con el pode no mundo viver,
     aqueste mundo x'ést'a melhor ren
     das que Deus fez a quen el i faz ben.

E quen aquesto non tever por ben
ja nunca lhi Deus dé en ele ren.