Quero vos eu, mha irmana, rogar

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Quero vos eu, mha irmana, rogar
por Bernardo de Bonaval


Quero vos eu, mha irmana, rogar
por meu amig'e quero vos fizer
que vos non pes de m'el viir veer
e ar quero vos d'al desenganar:
se vos prouguer con el, gracir volo ei,
e se vos pesar, non o leixarei

Se veher meu amig'e vos for ben
con el, fiar m'eu mais en voss'amor
e sempre m'end'averedes melhor,
e ar quero vos dizer outra ren:
se vos prouguer con el gracir volo ei,
e se vos pesar, non o leixarei

Quando veher meu amigo, cousir
vos ei se me queredes ben, se mal,
e mha irmana, direi vos logo'al
ca non vos quero meu cor encobrir:
se vos prouguer con el, gracir volo ei,
e se vos pesar, non o leixarei