Quix ben, amigos, e quer'e querrei

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Quix ben, amigos, e quer'e querrei
por Dom Dinis


Quix ben, amigos, e quer'e querrei
ũa molher que me quis e quer mal
e querrá; mais non vos direi eu qual
ést' a molher; mais tanto vos direi:
     quix ben e quer'e querrei tal molher
     que me quis mal sempr'e querrá e quer.

Quix e querrei e quero mui gran ben
a quen mi quis mal e quer e querrá,
mais nunca homen per mí saberá
quen é; pero direi-vos ũa ren:
     quix ben e quer'e querrei tal molher
     que me quis mal sempr'e querrá e quer.

Quix e querrei e quero ben querer
a quen me quis e quer, per bõa fe,
mal, e querrá; mais non direi quen é;
mais pero tanto vos quero dizer:
     quix ben e quer'e querrei tal molher
     que me quis mal sempr'e querrá e quer.