Se Deus me valha, mia senhor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Se Deus me valha, mia senhor
por Vasco Fernández Praga de Sandim
Cancioneiro da Ajuda, folio 2-verso


Se Deus me valha, mia senhor,
de grado querria saber
se havedes algum sabor
em quanto mal m'ides fazer;
ca se sabor havedes i,
gram bem per éste pera mi.
Mais, poil'eu nom sei, que me val?

E seed'ora sabedor
do que vos eu quero dizer:
ca me seria mui melhor
de sempre de vós mal prender,
se sabor houvéssedes i,
ca de prender já sempr'assi
de vós bem, se vos foss'en mal.

E quem mi a mi por de mal sem,
mia senhor, por esto tever,
direi-lh'eu que faça por en:
nom faç'assi, se nom quiser!
Ca já eu sempre guardar-m'-ei
d'haver mais bem do que hoj'hei,
se per vosso mandado nom.

E Deus nunca me nẽum bem
dê, se end'a vós nom prouguer
- ca nom fará per nulha rem,
se o ant'eu saber poder.
Ca de tal bem eu guardar-m'-ei,
e com mia coita me querrei
compõer com meu coraçom.