Se eu podess'ora meu coraçom

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Se eu podess'ora meu coraçom
por Dom Dinis


Se eu podess'ora meu coraçom,
senhor, forçar e poder-vos dizer
quanta coita mi fazedes sofrer
por vós, cuid'eu, assi Deus mi perdom,
que haveríades doo de mi.
   
Ca, senhor, pero me fazedes mal
e mi nunca quisestes fazer bem
se soubéssedes quanto mal mi vem
por vós, cuid'eu, par Deus que pod'e val
que haveríades doo de mi.
  
E pero m'havedes gram desamor
se soubéssedes quanto mal levei
e quanta coita, des que vos amei,
por vós, cuid'eu, por boa fé, senhor,
que haveríades doo de mi,

e mal seria se nom foss'assi.