Se m'ora Deus gran ben fazer quisesse

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Se m'ora Deus gran ben fazer quisesse
por João Garcia de Guilhade


Se m'ora Deus gran ben fazer quisesse,
non m'havía máis tant'a fazer:
leixar-m'aquí, u m'ora'stou, viver.
E do seu ben nunca m'el outro desse!
Ca ja sempr'eu veer ía d'aquí
aquelas casas u mia senhor vi,
e catá-la ben, quanto m'eu quissese.

Par Deus, senhor, viçoso vivería
e en gran ben e en mui gran sabor
veé-las casas u vi mia senhor.
E catara-la quant'eu cataría!
Mentr'eu daquesto houvess'o poder
d'aquelas casas que vejo veer,
nunca én ja os olhos partiría!

D'aquí vej'eu Barcelos e Faría,
e vej'as casas u ja vi alguén,
per bõa fe, que me nunca fez ben.
Vedes por que: porque x'o non quería.
E pero sei que me matará'mor,
enquant'eu fosse d'aquí morador,
nunca eu ja del morte temería.

E esse pouco que hei de viver,
vivé-lo-ía a mui gran prazer,
ca mia senhor nunca mi o sabería.