Se vos prouguesse, mia senhor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Se vos prouguesse, mia senhor
por Vasco Fernández Praga de Sandim


Se vos prouguesse, mia senhor,
rogar-vos-ía ũa ren:
que, pois me non fazedes ben,
que me non fezessedes mal.
E, mia senhor, a meu cuidar,
nunca vos devi'a pesar
de vos quen-quer rogar assí.

E pero sõo sabedor,
mia senhor, que fez i mal sén
porque vos ora falei én.
Ca ben creede que por al
non ousaría eu provar,
mia senhor, de vosco falar,
como vos fezestes en mí.

Ca sei eu ben, u al non jaz,
ca Deus vos fez tanto valer
que nunca devedes fazer
en nulha cousa se ben non.
Mais eu tan grave coita hei
por vós, senhor, que sol non sei
que me dig'ou faça que-quer.