Sen meu amigo manh'eu senlheira

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Sen meu amigo manh'eu senlheira
por Juião Bolseiro


Sen meu amigo manh'eu senlheira
e sol non dormen estes olhos meus;
e, quant'eu posso, peç'a luz a Deus
e non mi a dá per nulha maneira.
     Mais, se masesse con meu amigo,
     a luz agora sería migo.

Quand'eu con meu amigo dormía,
a noite non durava nulha ren,
e ora dur'a noit'e vai e ven,
non ven a luz, nen pareç'o día.
     Mais, se masesse con meu amigo,
     a luz agora sería migo.

E, segundo, com'a mí parece,
comigo man meu lum'e meu senhor,
ven log'a luz, de que non hei sabor,
e ora vai a noit'e ven e crece.
     Mais se masesse con meu amigo,
     a luz agora sería migo.

Pater nostrus rez'eu máis de cento
por aquel que morreu na vera cruz,
que el mi mostre mui cedo a luz,
mais mostra-mi as noites d'avento.
     Mais, se masesse con meu amigo,
     a luz agora sería migo.