Senhor, dizen-vos por meu mal

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Senhor, dizen-vos por meu mal
por Dom Dinis


Senhor, dizen-vos por meu mal
que non trobo con voss'amor,
mais ca m'hei de trobar sabor;
e non mi valha Deus nen al,
     se eu trobo por m'én pagar,
     mais faz-me voss'amor trobar.

E essa que vos vai dizer
que trobo porque me pagu'én,
e non por vós, que quero ben,
mente; ca non veja prazer
     se eu trobo por m'én pagar,
     mais faz-me voss'amor trobar.

E pero quen vos diz que non
trobo por vós, que sempr'amei,
mais por gran sabor que m'end'hei,
mente; ca Deus non mi perdón
     se eu trobo por m'én pagar,
     mais faz-me voss'amor trobar.