Senhor, en tan grave día

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Senhor, en tan grave día
por Dom Dinis


Senhor, en tan grave día
vos vi que non podería
máis; e por Santa María,
que vos fex tan mesurada,
doede-vos algún día
     de mí, senhor ben talhada.

Pois sempre ha en vós mesura
e todo ben e cordura,
que Deus fez en vós feitura
qual non fez en molher nada,
doede-vos por mesura
     de min, senhor ben talhada.

E por Deus, senhor, tomade
mesura por gran bondade
que vós el deu, e catade
qual vida vivo coitada,
e algún doo tomade
     de min, senhor ben talhada.