Senhor, eu vos quer'ũa rem dizer

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Senhor, eu vos quer'ũa rem dizer
por Vasco Fernández Praga de Sandim


Senhor, eu vos quer'ũa rem dizer,
e pero sei que vos direi pesar:
vedes, quando vos eu venho veer
e cuid'em vós, quant'i posso cuidar,
senhor, eu sõo maravilhado:
por que pod'home seer guardado,
pois vos já vêe, de vos tam muit'amar?
  
Ca, senhor, por quanto Deus quis fazer
no mund'a homem molher muit'amar,
vedes, tod'esto vos eu vej'haver
- pero punhades vós de o negar.
Mais Deus! Que preito tam desguisado:
de poderdes vós teer negado
tam muito bem como vos quis Deus dar!
  
E, senhor, se vos caess'em prazer,
de pram, nom vos devíades queixar
a mim, porque nom sei sem vós viver,
nem sei al deste mundo desejar
senom vós, que muit'é sem meu grado.
E demais sabedes, mal pecado!,
ca vos nom hei rem do voss'a custar.
  
E senhor, por Deus que vos fez nacer,
pois vos eu já rem nom hei a custar,
e que perdedes d'eu vosso seer,
e de vos do meu já-quê ementar?
Ca sei que o meu hei ementado,
ca sabem que fui mal dia nado,
porque vos vi e vos oí falar.